Diana Riba
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Diana Riba i Giner 21 de febreiro de 1975 (49 anos) Barcelona, España |
Eurodeputada | |
Representa: Esquerra Republicana de Catalunya 16 de xullo de 2024 – Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
Eurodeputada | |
Representa: Esquerra Republicana de Catalunya 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Datos persoais | |
Residencia | Sant Cugat del Vallès |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | libreira (2007–2017), activista polos dereitos civís, pedagoga, política |
Partido político | político independente (–2024) Esquerra Republicana de Catalunya (2024–) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Raül Romeva |
Páxina web | http://www.dianariba.cat/ |
Diana Riba i Giner, nada en Barcelona en 1975, é unha pedagoga, activista polos dereitos civís e política catalá. É eurodeputada do Grupo de Os Verdes/Alianza Libre Europea no Parlamento Europeo en representación de Esquerra Republicana de Catalunya.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en pedagoxía na Universidade de Barcelona. Comezou a traballar na Fundación Centro de Iniciativas e Investigación Europeas no Mediterráneo (CIREM). Foi programadora cultural do Fórum Universal das Culturas que se celebrou en Barcelona en 2004. Rexentou a libraría Pati de Llibres de Sant Cugat del Vallès. Foi membro da directiva e tesoureira do Consello Catalán do Libro Infantil e Xuvenil e membro do Gremio de Libreiros de Cataluña. Tamén foi vicepresidenta dos Castellers de Sant Cugat. É fundadora e tesoureira da Asociación Catalá de Dereitos Civís (ACDC).
En 2019 foi candidata número 3 da coalición Agora Repúblicas para as eleccións ao Parlamento Europeo en España,[2] sendo elixida eurodeputada.[3] No Parlamento Europeo, ademais de membro das Comisións de Cultura e Educación, Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior, e Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, é vicepresidenta da Comisión de Investigación encargada de examinar a uso de software espía de vixilancia Pegasus e outros programas equivalentes.[1] Ela mesma é unha das persoas que foron espiadas no caso de ciberespionaxe coñecido como Catalangate.[4] En 2024 volveu presentarse coa candidatura de Agora Repúblicas, desta vez como número 1.[5]
Riba está casada co antigo eurodeputado Raül Romeva.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Diana RIBA i GINER | MEPs". European Parliament. Consultado o 23 de agosto de 2022.
- ↑ Xunta Electoral Central: "Resolución de 29 de abril de 2019, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, de proclamación de candidaturas a las elecciones de diputados al Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 206/2019, de 1 de abril, a celebrar el 26 de mayo de 2019" (PDF). Boletín Oficial do Estado 103: 46877. 30 de abril de 2019. ISSN 0212-033X.
- ↑ Poyatos, Pedro G. (30 de maio de 2019). "Estos son los 54 eurodiputados españoles en Bruselas". La Razón. Consultado o 4 de xuño de 2019.
- ↑ "La llista de totes les persones espiades en el CatalanGate". dBalears. 18 de abril de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022.
- ↑ "Esquerra Republicana valida les llistes per a les europees, amb Diana Riba com a cap de cartell i Tomàs Molina de número 2". Esquerra Republicana de Catalunya. 14 de abril de 2024. Consultado o 27 de abril de 2024.
- ↑ Hinojosa, S. (19 de xaneiro de 2019). "Diana Riba, la pedagoga que busca billete a Bruselas". La Vanguardia. Consultado o 9 de marzo de 2019.